Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Cada curso impartirase cada dous anos, de acordo co calendario elaborado para o período pola Comisión Académica do Programa. O estudante deberá acreditar nos dous primeiros anos a obtención dun mínimo de 10 ECTS.

Recoméndase un mínimo dunha estadía dun mes ao ano (160 horas/ano x 3 anos = 580 horas).

O estudante realizará a súa estadía de acordo co seu director/a e/ou titor/a, segundo seu plan docente, e seguindo a normativa da CAPD.

 

Actividade Duración Carácter Descrición
Formación específica 5 ECTS / curso Obrigatorio Cada curso impartirase cada dous anos, de acordo co calendario elaborado para o período pola CAPD. O doutorando/a deberá acreditar nos dous primeiros anos a obtención dun mínimo de 10 ECTS.
Estadía de investigación 160 horas/ano Optativo Estadía de investigación dun prazo recomendado dun mes ao ano, nun centro especializado, con memoria de resultados, supervisada e avalada polo seu director/a e/ou titor/a.
Presentación de comunicacións en congresos 32 horas/ano Obrigatorio Presentación de comunicación en congreso da especialidade, supervisada e avalada polo seu director/a.
Defensa do proxecto de tese 1 ECTS Obrigatorio Defensa do plan de traballo (proxecto investigador) no tempo e forma establecidos na normativa correspondente, co seguimento establecido pola CAPD.

 

Notas aclaratorias

Cursos de formación específica ofertados

  • Transferencia de materia e procesos de separación
    Abordaranse as novas tecnoloxías en fenómenos de transferencia de materia e procesos de separación, incluíndo líquidos iónicos.
  • Biotecnoloxía para a industria e o medio ambiente
    Presentaranse os novos avances en biotecnoloxías na conservación do medio ambiente e a optimización de procesos industriais.
  • Corrosión, tratamento de superficies e tecnoloxías electroquímicas
    Exponse os aspectos clave tanto da electroquímica interfacial como dos fenómenos electrocinéticos. Poñerase especial énfase nas aplicacións dos fenómenos e procesos electroquímicos no ámbito da enerxía.

Aspectos económicos

Tanto os cursos de formación específica, como os complementarios (no seu caso) rexeranse polos prezos públicos establecidos pola Universidade de Vigo. As demais actividades están incluídas dentro da matrícula regular.

Estudantado a tempo parcial

O estudantado a tempo parcial seguirán o mesmo esquema de formación descrito anteriormente, pero dispoñerán dun ano adicional para terminar o traballo experimental.