Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Perfil de ingreso

O perfil de ingreso a este programa de doutoramento está orientado fundamentalmente cara a estudantado de enxeñaría química, enxeñarías da rama industrial, e das ramas de ciencias.

 

Criterios de admisión

A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función de que se cumpran os seguintes criterios:

  • Titulación previa acorde co perfil de ingreso do programa.
  • Aval dun investigador ou investigadora do programa. Este aval conleva o compromiso do investigador para dirixir a tese doutoral e proporcionar os medios materiais necesarios para a súa realización. O aval outorgarase en base ao mérito e capacidade para o perfil da investigación para realizar. Non se contempla a admisión con base noutros criterios porque o programa non dispón de medios materiais e orzamentarios propios para a realización de teses doutorais, e é imprescindible contar cos recursos que acheguen os investigadores cos seus proxectos.

No caso hipotético de que puidese haber máis solicitudes con aval que prazas dispoñibles no programa, priorizaríanse as solicitudes dos avais con menor número de doutorandos ao seu cargo, co obxecto de equilibrar a repartición de estudantes entre as tres liñas do programa.

 

Procedemento de admisión

O estudantado que reúna os requisitos de acceso aos estudos de doutoramento poderá solicitar a admisión no programa nos prazos establecidos pola universidade.

Cada programa de doutoramento deberá reservar, polo menos, un 5% das prazas ofertadas para estudantes que recoñecesen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, así como para estudantes con necesidades educativas especiais permanentes e que nos seus estudos anteriores precisasen de recursos e apoios para a súa plena normalización educativa. As prazas que non se cubran nesta cota especial pasarán a formar parte da oferta xeral de prazas do programa.

A CAPD, de acordo cos criterios de admisión establecidos no programa, publicará unha proposta provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación dos complementos de formación necesarios, de ser o caso, xunto coa súa correspondente lista de agarda.

As persoas non admitidas poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na convocatoria. Transcorrido o prazo de reclamacións e resoltas estas, remitirase a relación de estudantes admitidos ao órgano de xestión correspondente, a efectos de que poidan formalizar a súa matrícula no prazo que se sinale. De non formalizar a súa matrícula, os/as solicitantes decaerán nos seus dereitos.