Perfil de ingreso

Estudantado interesado en realizar a súa tese doutoral nos ámbitos da Enxeñaría Química obxecto do Programa.

Criterios de admisión

Establécese como criterio xeral de admisión a presentación dunha proposta de Proxecto de Tese de doutoramento relacionada con algún dos equipos de investigación existentes no Programa de Doutoramento.

Os criterios de admisión específicos serán establecidos pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento e basearanse no mérito e capacidade dos solicitantes, de acordo cos seus certificados académicos dos estudos de grao e de máster cursados e o seu currículo e seguiranse os principios de obxectividade, imparcialidade, mérito e capacidade.

Para estes efectos, a admisión estará rexida polos criterios ponderados do seguinte modo:

  • Currículo, con consideración dos estudos previos. Consideraranse as titulacións nas ramas da enxeñería industrial e do ámbito científico. Priorizaranse as titulacións en enxeñería química.
  • Outros méritos académicos e/ou profesionais.

En calquera caso, a admisión e selección quedará restrinxida aos números de entrada fixados para o Programa de Doutoramento, dentro do marco que se determine nas disposicións respecto diso de orde superior. Inicialmente establécense os seguintes criterios:

  • O currículo dos candidatos terá un valor mínimo do 60%. A valoración dos expedientes terá en conta os valores medios das respectivas titulacións.
  • A entrevista persoal e outros méritos serán valoradas ata un máximo do 40%.

A Comisión Académica arbitrará os mecanismos para garantir, no posible, a presenza de estudantado nas tres grandes liñas do programa, e poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Ademáis, poderá realizar entrevistas persoais sobre os méritos alegados, se o considera oportuno.