O programa de doutoramento conta con mecanismos e procedementos que aseguren a participación en programas de mobilidade

A CAPD preocúpase da mobilidade do estudantado do doutoramento. As súas actividades, relacionadas coa mobilidade, xestiónanse en colaboración cos órganos das universidade participantes.

Existen mecanismos para a xestión da mobilidade, tanto de ámbito nacional como internacional, que se desenvolven segundo programas cuxas características e requisitos son públicos e están dispoñibles de forma centralizada, xestionados no marco das vicerreitorías con competencias en mobilidade.
Ademáis, o programa de doutoramento ten colaboracións establecidas con diversas universidades e institucións tanto nacionais como internacionais grazas ás cales foi posible desenvolver un importante grao de mobilidade tanto de alumnado como de docentes que permite, entre outros aspectos, acceder ás condicións necesarias para a obtención da mención europea ao título de doutor.

Cítanse a continuación os exemplos máis significativos:

Reguladas por convenio marco

Coa Universidade Autónoma de Tamaulipas (México).

Convenio de Intercambio de docentes e estudantes dos tres ciclos de ensino. O convenio asinouse o 26 de xullo de 2003 e ten duración indefinida. No marco deste convenio léronse xa dúas tese de estudantes mexicanos no programa de Enxeñaría Química. Estes estudantes son agora docentes en distintas Universidades Mexicanas, e continúan colaborando con docentes deste programa de doutoramento en novos proxectos.

Sen convenio específico asinado

En Francia. O programa mantén unha relación fluída co CNRS francés (laboratorio LISE, asociado á Universidade Pierre et Marie Curie, París) con intercambio de estudantes e docentes. En 2012 leuse unha tese doutoral codirixida. Todos os anos veñen docentes do CNRS a impartir conferencias e van alumnos nosos a realizar períodos de investigación para poder acceder á mención europea/internacional ao título de doutor. O financiamento para as viaxes é tanto propia, como do Ministerio de Educación. As axudas de mobilidade máis recentes para programas de doutoramento con mención de excelencia foron:

En 2011, código DCT2009-00055- P, coa cal viñeron o docentes Keddam del LISE e o Dr. Hansen, da Universidade Técnica Federico Santamaría, de Valparaíso, Chile.

En 2012 a axuda de código MHE2011-00141, coa que viñeron o doutor Hansen e o docente Akretche (USTHB, Alxer, Alxeria).

En Portugal, docentes do programa de doutoramento de Enxeñaría Química colaboran con:

A Universidade de Minho, Braga, cos grupos de Enxeñaría Biolóxica liderados polos docentes José Antonio Teixeira e Teresa Tavares. Este grupo de investigación apoiou peticións de proxectos coordinados por docentes pertencentes ao programa de doutoramento de Enxeñaría Química.

O Instituto Politécnico de Lisboa, co grupo de investigación dirixido polo docentes Sebastiao Alves, en temas relacionados coa transferencia de materia e coa hidrodinámica en sistemas gas-líquido.

O Laboratorio de Enxeñaría da Separación e Reacción do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade do Porto, Portugal. Colabórase co docente Alírio Rodrígues en temas de transferencia de materia en MOF.

O Instituto Superior Técnico de Lisboa, co grupo de investigación dirixido polo profesor Mario G. S. Ferreira, en temas relacionados con electroquímica de superficies, capas de conversión e corrosión metálica. Coa investigadora deste grupo M. Fátima Montemor presentouse recentemente un proxecto (acción) FP7- PEOPLE.

O Laboratorio Nacional de Engenharia Civil, LNEC, en Lisboa, co grupo de investigación dirixido pola docentes Manuela Salta. Con esta investigadora está a desenvolverse o proxecto europeo (Atlantic Area) de acrónimo DURATINET (www.duratinet.org).

En Alemaña. Existe unha magnífica relación entre docentes do programa de doutoramento e os grupos de investigación alemáns dirixidos polos profesores Garabed Antranikian e Uwe Bornscheuer do Instituto de Microbioloxía Técnica (Technishe Universitat Hamburg- Harburg) e do Instituto de Química e Bioquímica (Universidade de Greifswald), respectivamente. Nestas institucións desenvolvéronse estancias de alumnos do programa de doutoramento no período 2004-2009.

En España. Profesores do programa de doutoramento de Enxeñaría Química colaboran con:

A Universidade de Santiago de Compostela. Mantense unha excelente relación co grupo de Edafoloxía e Química Agrícola, onde docentes do programa Enxeñaría Química han codirixido Teses Doutorais e continúan colaborando na actualidade. Así mesmo, desde hai máis de 15 anos vén colaborando activamente co grupo de Propiedades Físicas e Procesos de Transferencia, no estudo do proceso de captura de CO2 e na caracterización físico-química dos sistemas empregados en absorción. Froito desta colaboración é a codirección de varias Teses de Licenciatura e Tese Doutorais, a participación en varios proxectos de investigación subvencionados, e a publicación conxunta de numerosos traballos de investigación.

A Universidade de Xaén. Mantense unha estreita relación co grupo de Bioprocesos, colaboración que favoreceu a mobilidade de doutorandos entre ambas as Universidades. Concretamente, realizáronse intercambios entre doutorandos do grupo antes mencionado e do grupo de Procesos de Separación da Universidade de Vigo. O financiamento das viaxes é tanto propia, como da Xunta de Galicia.

Máis información

Programas de mobilidade internacional

Axudas de mobilidade para estudantes de doutoramento do Plan de axudas á investigación